Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de mantemento de máquinas impresoras-copiadoras diversas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de mantemento de máquinas impresoras-copiadoras diversas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de mantemento de máquinas impresoras-copiadoras diversas.

b) División por lotes e número:

Lote 1: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Ricoh.

Lote 2: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Canon.

Lote 3: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Samsung.

Lote 4: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Kyocera.

c) Lugar de execución/lugar de entrega: Igape.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 36 meses e poderá prorrogarse por outros 12 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado ascende a 153.072,60 € (cento cincuenta e tres mil setenta e dous euros con sesenta céntimos) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 32.145,25 € (trinta e dous mil cento corenta e cinco euros con vinte e cinco céntimos). Total de 185.217,85 € (cento oitenta e cinco mil douscentos dezasete euros con oitenta e cinco céntimos).

Orzamento máximo de licitación inicial: 114.804,46 € máis 24.108,94 de IVE, total 138.913,40 €, coa seguinte desagregación por lotes:

Lotes

Importe sen IVE

IVE

Total

Lote 1: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Ricoh

83.898,81 €

17.618,75 €

101.517,56 €

Lote 2: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Canon

14.482,27 €

3.041,28 €

17.523,55 €

Lote 3: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Samsung

8.619,72 €

1.810,14 €

10.429,86 €

Lote 4: servizos de mantemento de equipamentos fabricante Kyocera

7.803,66 €

1.638,77 €

9.442,43 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): a clasificación no grupo V, subgrupo 3, categoría 1 é suficiente para acreditar a solvencia exixida e substitúe a documentación sinalada nos pregos para acreditar a solvencia.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Solvencia económica: ter un volume anual de negocios no ámbito ao que se refire a presente contratación que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, sexa polo menos unha vez e media o valor anual medio do contrato.

Solvencia técnica: ter executado un conxunto de traballos que garden relación co obxecto do contrato que supoñan cando menos un importe anual acumulado no ano de maior execución do citado período, igual ou superior ao 70 % da anualidade media da contratación e acreditación do servizo técnico e experiencia para a execución do contrato.

Certificación acreditativa da habilitación do ofertante como servizo oficial para a reparación da marca ofertada (o licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá achegar este documento, previamente á adxudicación do contrato).

No sobre A presentarase declaración responsable de cumprimento incluída no DEUC ou no anexo I do prego.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 12.9.2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do fin do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non procede.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): en acto público o día 26.9.2017 ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

1. Custo anual estimado: 55 %.

2. Mellora o tempo máximo de acuda ao equipamento en avaría: 45 %.

11. Gastos de anuncios: 960 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Se e ó caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica