Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto o expediente de clave OH.315.1023 e ordinaria o expediente de clave OH.336.1060.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: rede separativa na rúa Manuel Lago, Fisterra (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1023.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 316.503,96 euros. Importe total: 382.969,79 euros.

Data de adxudicación: 13 de xullo de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 233.885,00 euros. Importe total: 283.000,85 euros.

Data de formalización do contrato: 19 de xullo de 2017.

Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

b) Descrición: mellora da estación de bombeo de Lameira en Marín, Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1060.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 201, do 21 de outubro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.040.202,30 euros. Importe total: 1.258.644,78 euros.

Data de adxudicación: 3 de xullo de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 789.409,52 euros. Importe total: 955.185,52 euros.

Data de formalización do contrato: 18 de xullo de 2017.

Contratista: Dragados, S.A.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. As obras enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos estados membros, dun investimento que vai máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia