Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 2 de agosto de 2017 pola que se anula a Orde do 2 de outubro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea S.A. II.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Orde do 7 de abril de 2015 autorizouse a transmisión inter vivos da concesión e da batea S.A. II (DOG núm. 101, do 1 de xuño), a favor de Mariscos Campelo, S.A. (A36031516).

Segundo. O 13 de maio de 2015, Carmen Agra Piñeiro, en representación de Romina Rial Aragunde, presentou un escrito no cal solicitou a renuncia e o arquivamento por desistencia da solicitude de cambio de dominio a favor de Mariscos Campelo, S.A.

Terceiro. O 14 de maio de 2015, Carmen Agra Piñeiro, en representación de Romina Rial Aragunde, solicitou a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea S.A. II a favor de Juan Rafael Rodríguez Ordóñez, que se autorizou mediante a Orde do 2 de outubro de 2015 (DOG núm. 49, do 11 de marzo de 2016).

Cuarto. A Sentenza número 161, ditada o 6 de abril de 2017 pola Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra (recurso de apelación LACN 0000159/2017, con orixe no procedemento ordinario 0000392/2015) declara:

– Nulo e carente de efectos o contrato de compravenda ou promesa de compravenda da concesión administrativa e da batea S.A. II, cuadrícula nº 185, polígono D, do distrito marítimo de Cambados (Pontevedra), existente entre Romina Rial Aragunde e Juan Rafael Rodríguez Ordóñez, e cantos documentos públicos e/ou privados se outorgasen en relación coa referida concesión e batea;

– Válido o contrato verbal polo cal Romina Rial Aragunde se obrigou a vender a Mariscos Campelo, S.A. a concesión administrativa e batea S.A. II, cuadrícula nº 185, polígono D, do distrito marítimo de Cambados (Pontevedra), estando obrigada a outorgar a escritura pública de transmisión a favor de Mariscos Campelo, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Resolución do 5 de xuño de 2017 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Primeiro. Deixar sen efecto a autorización de transmisión de titularidade da concesión administrativa e da batea S.A. II a favor de Juan Rafael Rodríguez Ordóñez, outorgada mediante a Orde do 2 de outubro de 2015, así como de todas as actuacións posteriores derivadas desta.

Segundo. Establecer o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación sinalada na Orde do 7 de abril de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión e da batea S.A. II (DOG núm. 101, do 1 de xuño), a favor de Mariscos Campelo, S.A. (A36031516).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de agosto de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo