Con data 6 de xullo de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2017207AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Lu Zhang, co NIE Y2267175X, titular do establecemento Sushi Happy.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a Lu Zhang, co NIE Y2267175X, titular do establecemento Sushi Happy, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contando desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 24 de xullo de 2017
A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Mª José Faraldo Vallés
Xefa do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas
ANEXO
Número de expediente: 2017207AL-PO.
Denunciado: Lu Zhang, co NIE Y2267175X, titular do establecemento Sushi Happy.
Último enderezo coñecido: Centro Comercial Camelias, local número 29, praza de América, 36211 Vigo.
Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.
Sanción imposta: sobresemento do expediente.