Con data do 23 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2017105AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Abdelkebir Mouiya Bounovara, co DNI 78141300L.
Logo de intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Abdelkebir Mouiya Bounovara o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 13 de xullo de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2017105AL-PO.
Denunciado: Abdelkebir Mouiya Bounovara, co DNI 78141300L.
Último enderezo coñecido: O Cimbelo, nº 20, Lérez, 36156 Pontevedra.
Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos:
Capítulo IV do anexo II do Regulamento 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:
6. Os produtos alimenticios cargados en receptáculos de vehículos ou colectores deberanse colocar e protexer de forma que se reduza ao mínimo o risco de contaminación.
7. Cando sexa necesario, os receptáculos de vehículos ou contedores utilizados para o transporte de produtos alimenticios deberán ser capaces de manter os produtos alimenticios á temperatura adecuada e de forma que se poida controlar a dita temperatura.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
Sanción imposta: trescentos euros (300 €).