Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017171AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 20 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2017171AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Demeter Foods, S.L., con NIF B27788082.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Demeter Foods, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 13 de xullo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017171AL-PO.

Denunciada: Demeter Foods, S.L., con NIF B27788082.

Último enderezo coñecido: rúa Figueiras, 22, 36215 Vigo.

Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

Capítulo IV do anexo II do Regulamento 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

3. Cando se usen vehículos ou contedores para o transporte de calquera outra cousa ademais de produtos alimenticios, ou para o transporte de distintos produtos alimenticios á vez, deberá existir, en caso necesario, unha separación efectiva dos produtos.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).