Encomenda de xestión do servizo técnico cualificado para a xestión da tramitación técnica e administrativa dos expedientes de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa:
– Actividade. Servizo técnico cualificado para a colaboración e auxilio na xestión técnica e administrativa no ámbito da área de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa.
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
– Prazo de vixencia. O prazo de execución da encomenda será de doce meses, comenzando a computarse o 1 de agosto de 2017.
– Financiamento. Tramitarase con cargo á conta 6232 «Estudos e traballos técnicos» do Plan xeral de contabilidade pública.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia