Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente DH.D15.51788 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles, ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas no expediente sancionador DH.D15.51788 e catro máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na Praza de Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada, ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.15.51788

Manuel Díaz Suárez

Cornide

15886 Teo

12.4.2017

Caducidade

DH.D15.51399

Juan Calviño Rodríguez

San Salvador de Bastavales

15280 Brión

14.3.2017

Caducidade

DH.D15.54004

UTE Cosmo

R/ Obispo Lema, 41, Ed. Plaza, Entresollado, 3

15150 Zas

7.6.2017

Sobresemento

DH.D27.54245

Rosenda Colmenares Munguía

Santo Acisclo

27786 Foz

7.6.2017

Arquivamento

DH.D15.48228

Ángela Casais Pequeño

Alvarellos, 12

15270 Cee

30.9.2016

Arquivamento