Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de elaboración do proxecto e execución de obra de implantación do plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con, non suxeito a regulación harmonizada e cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: elaboración do proxecto e execución de obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con.

Número de expediente: OH.136.1115.

CPV (referencia de nomenclatura): 45314000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 175, do 14 de setembro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 796.110,00 euros. Importe total: 963.293,10 euros.

Data de adxudicación: 9 de xuño de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 649.307,00 euros. Importe total: 785.661,47 euros.

Data de formalización do contrato: 7 de xullo de 2017.

Contratista: UTE-Ain Empresa de Servicios para la Construcción, S.L.U. & Lafcarr Project&Design, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobres as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia