Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística, polo sistema de taxación conxunta, para a dotación de parque municipal e edificio de uso recreativo en Oseiro.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que mediante a Resolución da Alcaldía número 2144/2017, do 1 de agosto, se aprobou inicialmente o proxecto de expropiación urbanística, polo sistema de taxación conxunta, para a dotación de parque municipal e edificio de uso recreativo en Oseiro, asinado por José María Ruíz Mora, enxeñeiro técnico agrícola, colexiado 773, expediente número 04/17.

Así mesmo, acordouse someter a información pública, polo período dun mes, o referido proxecto mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Afección

Referencia catastral

Clasificación
do solo

Superficie a expropiar (m2)

Titular

DNI/NIF

1

Total

1569903NH4916N0001HU

Urbano

3.135,00

Martínez Dopico, María

32274818-E

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3ª planta, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, sirva a este de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 2 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais