Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xullo de 2017 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/458/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/458/2015-RP1 aos herdeiros de Mª Carmen Pérez Zabaleta, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa con soportal sobre unha soleira no lugar de Redollo, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística