Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 66 kV subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), mediante a Resolución desta xefatura territorial do 28 de febreiro de 2013, posteriormente modificada pola Resolución do 7 de xullo de 2017, a favor da entidade beneficiaria EDP Renovables España, S.L.U., con enderezo na rúa Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela, pola ampliación da relación de bens e dereitos afectados.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 13, 14 e 15 de setembro e os días 16, 17, 18, 23 e 24 de outubro de 2017 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Vimianzo e Muxía, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia do 22.5.2009, 14.5.2009 e 19.5.2009, respectivamente, e posteriormente nos mesmos citados medios do 22.11.2016, 14.10.2016 e 31.10.2016, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello dos ditos municipios.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 4 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña