Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á entidade que se cita no anexo a Resolución do 9 de xuño de 2017 recaída no expediente sancionador en materia de xogo número P-4/16.

O día 9 de xuño de 2017 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-4/16.

Interesada: Sociedad Jopeco, S.L.

DNI/NIF: B36644300.

Último enderezo coñecido: rúa Barcelona, 76, 2º C, Vigo.

Data da resolución: 9 de xuño de 2017.

Proposta de resolución: prescrición.