Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (514/2015).

PO procedemento ordinario 514/2015.

Demandante/s: Julio Rey del Río, Juan Carlos Merelas Carro, Feliz Nande Cibrán, Gerardo Paula Caramés, Alfredo Paz Abet, Carlos Boquete Martínez, María Victoria Ferro Pulleira, Luis Julio Villar Moure, Ángel Amoedo Lusquiños.

Avogado/a: María Milagros Verde Crespo.

Demandado/s: Santiago Dos, S.L., Ayaso Sainz Alberto 000569266BSLNE, Fondo Garantía Salarial.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Julio Rey del Río, Juan Carlos Merelas Carro, Feliz Nande Cibrán, Gerardo Paula Carames, Alfredo Paz Abet, Carlos Boquete Martínez, María Victoria Ferro Pulleira, Luis Julio Villar Moure, Ángel Amoedo Lusquiños contra Santiago Dos, S.L., Ayaso Sainz Alberto 000569266BSLNE, Fogasa Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 514/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Ayaso Sainz Alberto 000569266BSLNE, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 22.11.2017, ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Ayaso Sainz Alberto 000569266BSLNE, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza