Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2017/445-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gallega de Papel, S.L.

Domicilio social: Fonte das Pexegueiras, 4, Millarada, 36815 Redondela.

Denominación: LMTS e CS Fonte das Pexegueiras.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 87 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente 36CNQ1 de Unión Fenosa Distribución e final no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, en edificio prefabricado, con celas modulares baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado en Fonte das Pexegueiras 4, Millarada, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica