Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de revogación da subvención, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro) relativa ao expediente TR349F 2016/73-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación, dos actos administrativos que se indican no anexo, no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8-2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Esta resolución que pon fin á vía administrativa e contra esta o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR 349F 2016/73-5.

Nome: Ricardo Serafín da Cunha Rodrígues.

CIF/NIF: Y4354827K.

Último enderezo coñecido: Ramiráns, 28 baixo, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: revogar a resolución con data do 27.12.2016 pola que se concedeu unha subvención por importe de 5.000 euros por unha contratación.

Data da resolución: 19.6.2017.