Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (795/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 795 /2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Montserrat Cajide Roca contra a empresa María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza número 333/2017.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 795/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de María Montserrat Cajide Roca, asistida polo letrado. Pedro Blanco Lobeiras contra a entidade Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Inmaculada Alvariño Peña.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María Montserrat Cajide Roca e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución, condenando solidariamente a empresa demandada a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 10.821,48 euros.

Condeno, así mesmo, condénase solidariamente as empresas demandadas aboar á demandante a cantidade de 12.164,93 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E igualmente condénaselle á demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza