Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39216

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que convocaron as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursou ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2016/17.

Mediante a Orde do 29 de marzo de 2017 convocáronse axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2016/17, e aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas; as persoas interesadas poderán formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 12 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlles axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentado o anexo II da orde de convocatoria (declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), que poderá presentar ante o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou ben en calquera dos centros previstos na Lei 29/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 29 de marzo de 2017 (DOG do 11 de abril), e nesta orde, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos

Nome

Centro (orixe)

Contía adxudicada

Agudo Maza

Patricia

EASD Mestre Mateo

748,81 €

Álvarez Rodríguez

Lara

Escola de Conservación e Restauración de BBCC

1.078,28 €

Blanco Pensado

Jonatan

EASD Pablo Picasso

748,80 €

Borges Diez

Lucas Santiago

ESAD de Galicia

1.078,27 €

Bouzada Salias

María Almendra

CMUS Superior de Vigo

718,85 €

Carballal Muiños

Alba

EASD Pablo Picasso

599,04 €

Castro Galán

Sara

EASD Mestre Mateo

898,56 €

Costa Mariño

Miguel Antonio

CMUS Superior de Vigo

449,29 €

Crispín Pazo

Alba

EASD Antonio Failde

748,80 €

Férnandez Agulla

Estefanía

CMUS Superior de Vigo

399,36 €

Ferradás Pérez

Rita

EASD Antonio Failde

748,80 €

Ferreiro Martínez

Estefanía

EASD Pablo Picasso

748,80 €

Garrán Suárez

Inés

EASD Mestre Mateo

319,49 €

González Doldán

Raul

CMUS Superior de A Coruña

1.347,85 €

Hermo Martínez

Iago

CMUS Superior da Coruña

1.078,27 €

Justo Román

Tania

CMUS Superior de Vigo

1.078,27 €

Lois Gómez

Andrea

EASD Pablo Picasso

399,36 €

López Pereira

Juan José

CMUS Superior de Vigo

1.347,85 €

López Picos

Andrea

EASD Pablo Picasso

599,04 €

López Rosales

Andrea

EASD Mestre Mateo

748,80 €

Manson Menéndez

Catrina María

EASD Pablo Picasso

599,04 €

Montenegro Omil

Noemí

EASD Mestre Mateo

449,28 €

Otero Blanco

Tania

CMUS Superior de Vigo

1.078,27 €

Pena Fernández

Sara

EASD Pablo Picasso

399,36 €

Ramilo Oya

Iago

CMUS Superior de Vigo

1.347,85 €

Rodríguez García

Elena

CMUS Superior da Coruña

1.078,27 €

Rouco Blanco

Pablo

CMUS Superior de Vigo

479,23 €

Seoane Sesar

Diego

CMUS Superior da Coruña

718,86 €

Sío Alonso

Patricia

CMUS Superior de Vigo

1.347,84 €

Suerio Iglesias

Inés

EASD Mestre Mateo

319,49 €

Suerio Iglesias

Inés

EASD Mestre Mateo

299,52 €

Velo Pérez

Sara

EASD Mestre Mateo

599,04 €

Vicente Martínez

Lucía

CMUS Superior da Coruña

399,36 €

25.000,00 €