Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38915

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (168/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 168/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Chiquillo Rodríguez contra 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Spain, S.L.U., Pulvino Suministros Industriales, S.L., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., Pedro Jorge Sucena Alves Martins e Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Tense a Miguel Chiquillo Rodríguez por desistido da demanda que deu lugar ao presente procedemento ordinario contra os codemandados Pedro Jorge Sucena Alves Martins, 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., e Pulvino Suministros Industriales, S.L., e decrétase respecto destes o sobresemento do procedemento.

Que, considerando parcialmente a demanda interposta por Miguel Chiquillo Rodríguez, contra 2 Q Spain, S.L.U., Enrique Barros López como administrador concursal de 2 Q Spain, S.L.U., e Fogasa, debo condenar e condeno 2 Q Spain, S.L.U. a aboar ao demandante a suma de 4.588,36 euros, polos conceptos sinalados no feito probado segundo desta resolución, excluído o salario de xaneiro de 2014, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante polo importe de 200 euros; e condeno Enrique Barros López na súa soa condición de administrador concursal de 2 Q Spain, S.L.U. a se ater á devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a 2 Q Spain, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza