Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentación simplificada, a contratación dunha póliza de seguro de asistencia sanitaria, decesos e repatriación para auxiliares de conversación destinados en centros educativos (expediente ED-DXEFPIE-06/17 SE).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE 06/17 SE.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: póliza de asistencia sanitaria, decesos e repatriación.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

d) Prazo de execución: do 1 de outubro de 2017 ao 15 de xuño de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

d) Procedemento de documentación simplificada.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo total: 94.000,00 euros. Por razón do obxecto, a este concurso non lle é de aplicación o imposto do valor engadido.

5. Garantías:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 99 61 12.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189347

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres A e B publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa