1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.
c) Número de expediente: ED-DXEFPIE-05/17 SE.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento da cursos de inglés «English Week» para o alumnado de sexto de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sistidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) División por lotes e número: lote único.
c) Lugar de execución: Galicia.
d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 31 de decembro de 2017.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
Prezo: o valor estimado do contrato é de 450.000,00 euros (IVE exluído); IVE: 94.500,00 euros; importe total: 544.500,00 euros.
5. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento de licitación (IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 881 99 74 94.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=189349.
7. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.
c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
8. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura dos sobres 2 e 3 plublicarase no perfil do contratante.
9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa