Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38902

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

EXTRACTO da Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro.

BDNS (Identif.): 358806.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta orde, sempre e cando non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que imposibilitan obter a condición de beneficiaria ou entidade colaboradora das subvencións.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de saúde pública relacionados coa infección polo VIH, a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) que se realicen en Galicia por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro ao longo do período comprendido entre o 1 de xuño de 2017 e o 31 de maio de 2019.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Cuarto. Contía

A contía total das subvencións que se pode conceder ao amparo da orde ascende a trescentos noventa mil euros (390.000,00 €) e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 1102.413A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, o devandito crédito poderá ser ampliado nos termos previstos no artigo 2.2 das bases reguladoras. Este orzamento distribuirase en tres anualidades da seguinte forma:

– Ano 2017: 99.717,00 €.

– Ano 2018: 195.000,00 €.

– Ano 2019: 95.283,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para poder ser beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código SA645A.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017

Jesús Vázquez Almuiña
Conselleiro de Sanidade