Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de recollida e xestión de residuos perigosos da universidade respectuoso co ambiente.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

Localidade e código postal: Vigo 36310.

Teléfono: 986 81 35 51.

Fax: 986 81 38 57.

Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 318/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de recollida e xestión de residuos perigosos da Universidade de Vigo respectuoso co ambiente.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do 1 de outubro de 2017, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.: 90511000-2: servizos de recollida de refugallos-90512000-9 servizos de transporte de refugallos.

h) C.P.A.: E 38.12.12: servizos de recollida doutros residuos industriais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 75 puntos.

Calidade técnica do servizo: 20 puntos.

Calidade do programa de formación dirixido aos membros da comunidade universitaria involucrados na manipulación de residuos perigosos: 5 puntos.

4. Importe de licitación: os importes unitarios máximos de licitación para cada concepto son os indicados no anexo 2 do prego de prescricións técnicas; o IVE que ten que soportar de cada concepto é o indicado no anexo 2 do prego de prescricións técnicas.

5. Gasto máximo autorizado: 60.367 euros (IVE incluído).

6. Valor estimado do contrato: 107.038,28 euros.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 2.675,81 euros.

8. Requisitos específicos do contratista:

1º. Será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador. Neste caso estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica e profesional:

a) Grupo R; subgrupo 5; categoría 1; ou ben a clasificación equivalente anterior ao Real decreto 773/2015, do 28 de agosto: grupo R; subgrupo 5; categoría A.

2º. Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla de resumo de características.

3º. Outros requisitos específicos: exixencia de inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (ou análogo) na epígrafe que permita a recollida da totalidade de residuos perigosos a que se fai referencia no prego de prescricións técnicas.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

Localidade e código postal: Vigo 36310.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

11. Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario: aproximadamente 1.400 euros.

Vigo, 26 de xullo de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo