Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra de execución de modificacións e reformas nas instalacións actuais na nave taller do edificio MTI.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 401/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: execución de modificacións e reformas nas instalacións actuais en nave taller. Edificio MTI.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: edificio MTI.

e) Prazo de execución: 77 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 45214400-6: traballos de construción de edificios de investigación. 45453000-7: traballos de reacondicionamento.

h) CPA: F-Construcións e traballos de construción. 41.00.20: edificios non residenciais. 41.00.40: traballos xerais de construción edificios non residenciais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica: 100 puntos.

4. Importe de licitación:

324.900,66 euros. IVE: 68.229,14 euros. Importe total: 393.129,80 euros.

5. Valor estimado do contrato: 324.900,66 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Adicional: 5 % se a oferta do adxudicatario incorrese en baixa anormal ou desproporcionada.

7. Requisitos específicos do contratista:

I. Será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador. Neste caso estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica e profesional:

a) Grupo C; subgrupo: todos; categoría 2; ou ben a clasificación equivalente anterior ao Real decreto 773/2015, do 28 de agosto: grupo C; subgrupo: todos; categoría C.

II. Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla de resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.400 euros.

Vigo, 26 de xullo de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo