Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización de contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Fondo Europeo G.pdf

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: solucións aos problemas de inundacións do concello de Valga. Mellora do río Soutiño. Fase II. Valga (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.948.

CPV (referencia de nomenclatura): 45246400-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 765.661,30 euros. Importe total: 926.450,17 euros.

Data de adxudicación: 23 de xuño de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 578.700,00 euros. Importe total: 700.227,00 euros.

Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2017.

Contratista: Ogmios Proyecto, S.L.

b) Descrición: optimización do funcionamento dos bombeos do Temple e A Pasaxe mediante a construción dun sifón na ría do Burgo, Oleiros (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1081.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 239, do 16 de decembro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.760.577,47 euros. Importe total: 2.130.298,74 euros.

Data de adxudicación: 22 de maio de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 1.318.651,10 euros. Importe total: 1.595.567,83 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de xullo de 2017.

Contratista: Arias Infraestructuras, S.A.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. En concreto, a obra indicada coa letra a) enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa»; prioridade de investimento 5.2 «fomento de investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «fomento da inversión para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «Medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa», e a obra indicada coa letra b) enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia