Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento audiovisual para a Administración de xustiza, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0073).

Fondo Europeo G.pdf

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0073.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a adquisición de sistemas audiovisuais para salas de vista da Administración de xustiza en Galicia para a extensión do sistema de gravación de vistas eFidelius integrado con videoconferencia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 6 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. A data estimada de formalización deste contrato é o 1.10.2017. Neste prazo os equipamentos que se deberá subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción, como se establece no prego de prescricións técnicas.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 208.800,00 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 208.800,00 € (douscentos oito mil oitocentos euros), máis 43.848,00 € (corenta e tres mil oitocentos corenta e oito euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 252.648,00 € (douscentos cincuenta e dous mil seiscentos corenta e oito euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 104.400,00 € + 21.924,00 € (IVE 21 %) = 126.324,00 €.

• 2018: 104.400,00 € + 21.924,00 € (IVE 21 %) = 126.324,00 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro da operación Feder «Administración e expediente xudicial electrónico», enmarcada no obxectivo temático 2 do Regulamento Feder «Mellorar o acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación», na prioridade de investimento PI.2.3. «Reforzo das aplicacións das TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica», obxectivo específico 2.3.2. de «Reforzar o e-gobierno, e-cultura e a confianza dixital.», identifícase a liña de actuación «55 -Plan e-xustiza» e a actuación «2.3.2.2. Xustiza dixital».

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189702

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia