Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira, fase II, Marín e da relación individualizada de titulares, bens e dereitos afectados, para os efectos da súa expropiación forzosa polo procedemento de urxencia e convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación (expedientes 345/15–671/16 (H)).

O Pleno do Concello de Marín, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xullo de 2017, en relación co expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de urxencia, dos bens e dereitos afectados pola realización das obras de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II. Marín, adoptou por maioría absoluta, con 18 votos a favor [dos membros dos grupos municipais de PP (11), PSdeG-PSOE (4) e BNG-AA (3)] e 3 abstencións dos membros da Marea Veciñal de Marín-SON, o seguinte acordo:

«1º. Resolver as alegacións presentadas polos que compareceron no trámite de información pública da relación de bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a execución do proxecto de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II. Marín, polos seguintes motivos:

– Estimar a alegación presentada o día 15.5.2017, co nº de rexistro de entrada 5887, por María Luisa e Francisco Luis Pousada, na cal poñen en coñecemento da Administración o falecemento de Hermosinda Pousada Pastoriza e, á vista do testamento achegado, modificar a titularidade do predio 46, de referencia catastral 36026A003002250000LJ, da relación publicada a favor dos herdeiros de Hermosinda Pousada Pastoriza, con quen deberán entenderse as sucesivas actuacións. Todo iso sen prexuízo de que para poder facer efectivo o aboamento das indemnizacións que resulten procedentes deberán presentar certificado de defunción do causante e certificado de últimas vontades.

– Desestimar a alegación presentada o día 16.5.2017, co nº de rexistro de entrada 5972, por Otilia Parada Torres, xa que non figura na relación de titulares, bens e dereitos afectados, non identifica o ben ou dereito de que é titular nin achega documentación que acredite a súa condición de interesada no procedemento e da titularidade. En canto ao traslado das actuacións, procede indicar que ata o momento se procedeu á aprobación inicial do proxecto de expropiación, cuxa relación de titulares, bens e dereitos afectados se someteu a información pública, documentación que está á disposición dos interesados para a súa consulta no Concello de Marín.

– Desestimar a alegación presentada o día 29.5.2017, co nº de rexistro de entrada 6527 do 30.5.2017, por Francisco Luis Pousada Pastoriza, en nome dos herdeiros de Hermosinda Pousada Pastoriza, copropietarios do predio 46 do plano parcelario, de referencia catastral 36026A003002250000LJ, no que achega informe pericial que cuestiona a valoración do ben que se vai expropiar, por canto non é o momento procesual para iso, posto que o trámite de información pública non ten por obxecto consideracións respecto da valoración dos bens, senón formular alegacións para rectificar posibles erros na relación publicada de bens e dereitos que se van expropiar ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación. Por tanto, a cuestión do prezo quedará diferida á fase de determinación do prezo xusto.

2º. Modificar, en canto aos titulares, os datos da relación dos bens e dereitos de necesaria ocupación, aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 12.4.2017, en función das alegacións e incidencias producidas no trámite de información pública e tendo en conta a información remitida polo Rexistro da Propiedade de Pontevedra e, na súa consecuencia, rectificar a titularidade do predio número 44, que se identifica coa referencia catastral 36026A003002270000LS, a nome de María Encarnación Azuaga Area, rectificar a titularidade do predio número 45, de referencia catastral 36026A003002260000LE, a favor dos herdeiros de Isolina Rodríguez Caeiro, e rectificar a titularidade do predio número 46, de referencia catastral 36026A003002250000LJ, a favor dos herdeiros de Hermosinda Pousada Pastoriza, incorporando ao expediente a documentación achegada e entendéndose con eles os sucesivos trámites do expediente.

3º. Aprobar definitivamente o proxecto de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II. Marín, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Javier Sopelana Peralta, da empresa Aquática Ingeniería Civil, S.L., cun orzamento base de licitación, sen IVE, de 94.443,29 euros, quedando implícita na dita aprobación, en aplicación do artigo 17.2 da Lei de expropiación forzosa, a necesidade de ocupación dos terreos e bens necesarios para a súa execución, cuxa relación concreta e individualizada, modificada segundo o indicado no número anterior, figura no anexo 12 de expropiacións do proxecto da obra aludido, para os efectos da súa expropiación forzosa polo procedemento de urxencia.

4º. Aprobar con carácter definitivo a relación concreta, individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar necesariamente para a execución das obras, que se expresan no anexo a este acordo, así como a designación nominal dos interesados con que se entenderán os sucesivos trámites.

5º. Considerar implícita, na aprobación do proxecto, da declaración a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación dos terreos e bens indispensables para a execución das obras, de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en relación coa disposición adicional oitava da mesma lei, por tratarse dunha obra hidráulica de interese da Comunidade Autonoma, debendo tramitarse o expediente expropiatorio polo procedemento de urxencia previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e concordantes do seu regulamento de desenvolvemento.

6º. Convocar os titulares dos bens e/ou dereitos afectados polo procedemento expropiatorio derivado da execución das obras de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II (Marín), conforme se lles notificará nas correspondentes cédulas individuais e por anuncios no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, e nos xornais Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, para que, sen prexuízo de trasladarse ao lugar dos terreos se se considera necesario, asistan ao levantamento das correspondentes actas previas á ocupación no lugar, data e hora que a seguir se indican:

Lugar: salón de plenos da Casa do Concello de Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900, Marín).

Data: 7 de setembro de 2017.

Hora: das 9.30 ás 11.00 horas.

Ao dito acto deberán asistir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e poden facerse acompañar, á súa custa, se o consideran oportuno, de perito e/ou notario.

Deberán achegar os documentos acreditativos da súa titularidade (escrituras de propiedade do predio) e certificación gráfica e descritiva de catastro (ou o último recibo da contribución, se consta nel a referencia catastral do predio). No caso de que a propiedade proceda dunha herdanza, a documentación que se presente serán as escrituras de partición da dita herdanza coa cota onde figure o predio expropiado, que se debe identificar. No caso de que a partición da herdanza non fose efectuada e o predio estea a nome de herdeiros, deberá presentar, ademais, certificado de defunción, certificado de últimas vontades e testamento do titular ou, na súa falta, declaración de herdeiros.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900, Marín).

Conforme establece o artigo 56.2 do Regulamento de expropiación forzosa, ata o momento en que se proceda ao levantamento das citadas actas previas á ocupación os interesados poderán formular, por escrito, as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros que se producisen ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación, dirixíndoas ao Concello de Marín, sito na avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín.

7º. Designar representante da Administración neste procedemento expropiatorio a alcaldesa-presidenta da Corporación, María Ramallo Vázquez, ou concelleiro/a en quen delegue, e perito da Administración á enxeñeira técnica industrial, colexiada número 1909, Beatriz Blanco Lois, da empresa Estudio Técnico Gallego, S.A.

8º. Delegar na alcaldesa-presidenta a competencia para a aprobación dos documentos e acordos e para levar a cabo as actuacións subseguintes neste expediente de expropiación forzosa.

9º. Notificar o contido deste acordo de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, facéndolles saber que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da práctica da notificación deste acordo. Con carácter potestativo e previo poderase interpoñer recurso de reposición ante o Pleno da Corporación Municipal, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da práctica da notificación deste acordo. Se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere procedente.

10º. Igualmente, notificarase o contido deste acordo ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da LEF, en relación cos propietarios descoñecidos e que non compareceron no expediente.

11º. Comunicar a todos os interesados que, de conformidade co disposto no artigo 24 da LEF, este expediente expropiatorio se dará por rematado no caso de que o Concello e aqueles conveñan a adquisición dos bens e dereitos obxecto da expropiación libremente e por mutuo acordo.

12º. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, así como no taboleiro de edictos desta corporación e nos xornais Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.

13º. A publicación deste acordo, a teor do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, servirá como notificación aos posibles interesados que non poidan ser identificados, aos titulares de bens e dereitos afectados que sexan descoñecidos e a aqueles dos cales se ignore o seu paradoiro, ou ben cando, tentada a notificación, non se puido practicar.»

O referido acordo pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Con carácter potestativo e previo poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Pleno do Concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Marín, 17 de xullo de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa

ANEXO

Relación de propietarios e bens afectados

Proxecto de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira. Fase II. Marín.

Termo Municipal de Marín (Pontevedra).

Predio

Referencia catastral

Situación

Lindeiros

Titular

DNI

Enderezo

Superficie afectada (m2)

Superficie total

(M2)

Destino

Clasificación urbanística

Estado xurídico

Outros bens afectados

Valor terreo

(€)

Valor bens (€)

Premio de afección (€)

Valor bens afectados (€)

44

36026A003002270000LS

Souto

N- Camiño e río

Mª de la Encarnación

Azuaga Area

L3613636Z

Busto de Arriba 39 pbx

36900 Marín (Pontevedra)

203

452

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Inscrita. Sen cargas

1 ud

Pendello

(36 m2)

913,50

6.865,00

388,93

8.167,43

S-Camiño

1 ud

Pendello

(11 m2)

E-Parc. 226, pol 3

1 ud

Pendello

(29 m2)

O-Camiño

1 m3

Muro pedra

44-A

36026A003002100000LQ

Souto

N: río; S: camiño; E: camiño; O: parc 203, pol 3

Descoñecido

82

3026

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Non inscrita

369,00

18,45

387,45

45

36026A003002260000LE

Souto

N: río; S: camiño; E: parc 227, pol 3; O: parc 225, pol 3

Herdeiros de Isolina Rodriguez Caeiro

Tiro Naval Janer 39 pbx

36900 Marín (Pontevedra)

110

607

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Non inscrita

22

Ud. árbore non madeireira

495,00

84,00

28,95

607,95

3

Ud. árbore madeireira

46

36026A003002250000LJ

Sequelo - Souto

N: río; S: parc 228, pol 3
E: parc 224, pol 3; O: parc 226, pol 3

Herdeiros de Hermosinda Pousada Pastoriza

R/ Castelao nº 2-1º

36930 Bueu

(Pontevedra)

110

769

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Inscrita. Sen cargas

495,00

24,75

519,75

47

36026A003002240000LI

Sequelo - Souto

N: río; S: parc 228, pol 3
E: parc 223, pol 3; O: parc 225, pol 3

Eugenio Barreiro Pazos

35134917W

Cuesta 18 36900 Marín (Pontevedra)

93

718

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Non inscrita

418,50

20,93

439,43

48

36026A003002230000LX

Sequelo - Souto

N: río; S: parc 228, pol 3
E: parc 222, pol 3; O: parc 224, pol 3

Antonio Rosales Dopazo

35174409A

Busto de Arriba 26

36900 Marín (Pontevedra)

120

699

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Non inscrita

1 UD

Pendello

(58 m2)

540,00

5.492,00

301,60

6.333,60

17

M2 muro bloque

49

36026A003002220000LD

Sequelo - Souto

N: río; S: parc 228, pol 3
E: parc 221, pol 3; O: parc 223, pol 3

Benita Loira Martínez

35272581B

Sequelo 1 36900 Marín (Pontevedra)

25

633

Labradío

Rústico protección augas siste. xeral-15

Non inscrita

112,50

5,63

118,13