1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: execución do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2018.
c) División por lotes e número: si, catro lotes:
– Lote 1: Fish Internacional, Bremen; Seafoood Expo Global, Bruxelas.
– Lote 2: Seafood Expo North America, Boston; Seafood Expo Asia, Wanchai, Hong Kong.
– Lote 3: Alimentaria, Barcelona; Salón Gourmets, Madrid; Sial, París.
– Lote 4: Xantar, Ourense; Navalia, Vigo; Salimat, Silleda; Conxemar, Vigo; Expomar, Cabo Verde.
d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do correspondente contrato ata o 20.12.2018.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79950000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto e suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: multicriterio (cadro de criterios do prego de cláusulas administrativas particulares).
4. Orzamento de licitación:
a) Lote 1: orzamento base: 520.000 €; IVE (21 %): 109.200; Importe total: 629.200 €.
b) Lote 2: orzamento base: 470.000 €; IVE (21 %): 98.700; Importe total: 568.700 €.
c) Lote 3: orzamento base: 700.000 €; IVE (21 %): 147.000; Importe total: 847.000 €.
d) Lote 4: orzamento base: 195.000 €; IVE (21 %): 40.950; Importe total: 235.950 €.
Valor estimado: lote 1, 520.000 €; lote 2, 470.000 €; lote 3, 700.000 €; lote 4, 195.000 €.
Valor estimado total 1.885.000 €.
5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.1.3: medidas de comercialización), nun 75 %.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non é exixible. Non obstante, será posible acreditar as solvencias mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na alínea F.1 do cadro de características.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo os puntos F.2 e F.3 do cadro de características.
7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada lote, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.
b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 62 61/981 54 62 93 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 50 03.
e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=185719
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 28.8.2017.
a) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 545 003) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).
c) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: os sobres B abriranse, en acto público, o 12.9.2017 ás 12.00 horas.
A apertura dos sobres C, oferta económica, publicarase coa suficiente antelación na dirección indicada no apartado 8.f) deste anuncio.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.7.2017.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
(Disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar