Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se anuncia a contratación dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia (expediente 10/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Duración: catro anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 604430005.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os indicados no cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 32.914.000,00 €; (exento do IVE), cuxa distribución por anualidades se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 50.916.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional e habilitación empresarial ou profesional: segundo o disposto na alínea F do cadro de características.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/981 54 40 46 (consultas administrativas) y 981 54 40 77/981 59 70 47 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=183326

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 25.8.2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día , e nun só envío.

c) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: 5.9.2017 ás 12.00.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17.7.2017.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
(Disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar