Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38238

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de xullo de 2017 pola que se nomean dous novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios acordou a substitución de dous dos membros titulares da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Jaime Pereira Novoa en substitución de Julio Andrés López Carreiras e a Ramón Franco Caaveiro en substitución de José Manuel Fernández Cedrón.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017.

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria