Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38087

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo de núcleo rural dos Porrás, parroquia de San Martiño de Ferreiros, concello de Pol (expediente PTU-LU-14/078).

O 30.1.2017 recibiuse documentación correspondente ao expediente de referencia, remitida polo Concello de Pol, para os efectos da súa aprobación definitiva, consonte o establecido na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva segundo o teor do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

No seu conxunto, a documentación remitida está integrada polo proxecto técnico de delimitación, datado en xuño de 2016, redactado pola consultora Monsa Urbanismo, S.L., así coma a documentación administrativa acreditativa da tramitación realizada.

Analizada a documentación achegada polo concello e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

a) O 4.3.2016 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ditou resolución sobre un proxecto de delimitación precedente.

b) Despois do cumprimento do requirido, o Concello Pleno o 20.12.2016 adoptou acordo de aprobación provisional do proxecto de delimitación.

c) O concello de Pol carece de planeamento xeral, e dispón dun proxecto de delimitación de solo urbano aprobado o 1.7.1980. Os terreos exteriores a el (como os afectados pola presente delimitación) réxense polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

II. Aspectos xerais. Contido.

Proponse a delimitación, como núcleo rural complexo, do asentamento poboacional dos Porrás, cunha superficie bruta aproximada de 2,48 ha, na cal se diferencian unha área de núcleo rural histórico-tradicional (NRHT) e dúas de núcleo rural común (NRC), que ocupan unha superficie bruta global de 1,01 ha e 1,47 ha, respectivamente.

O proxecto delimita o núcleo, determina as aliñacións e as zonas edificables, regulando as condicións de uso e edificación, e contén un catálogo que inclúe o asentamento no seu conxunto de 3 construcións tradicionais (2 hórreos e unha edificación auxiliar). Non se identifican terreos destinados a dotacións.

III. Observacións.

Analizado o documento, púidose observar o cumprimento da resolución da SXOTU do 4.3.2016, nomeadamente:

– (Aptdo. III.1) da RSXOTU): incorporouse a prescrición relativa ao patrimonio cultural no número 2.2 da memoria da nova versión do proxecto.

– (Aptdo. III.2) da RSXOTU): eliminouse da delimitación unha parcela, parte doutra e prohibiuse a división destas, polo que acada o grao de consolidación requirido.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 3.a en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do núcleo rural dos Porrás, no concello de Pol.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file