Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1088/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1088/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Castro Juncal contra Senla Punto, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o administrador concursal de Senla Punto, sobre despedimento, ditouse resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1088/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Patricia Castro Juncal, representada polo letrado Sergio Campos Nieto, contra Senla Punto, S.L., a súa administración concursal e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Patricia Castro Juncal contra Senla Punto, S.L. e declaro improcedente o despedimento da demandante, condenando a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 34,54 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.559,28 euros.

Condénase a administración concursal a se ater ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Senla Punto, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza