Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María del Rosario Freire Ferreiro contra Tabuata Hostelería, S.L., se acordou notificar parte dispositiva do auto de data 4 de xullo de 2017 e dilixencia de ordenación do 7 de xullo de 2017, ditado no procedemento ETX 150/2017 a Tabuata Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro:

«Auto 4.7.2017:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Rosario Freire Ferreiro, fronte a Tabuata Hostelería, S.L., parte executada, por importe de 757,76 euros de principal ou salarios debidos e de 164,84 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 841,94 de indemnización por despedimento obxectivo, máis 176,45 euros en concepto provisional de xuros e custas sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría.

A maxistrada xuíza.

(Dilixencia de ordenación 7.7.2017).

Vistas as dilixencias que anteceden e descoñecéndose polo momento a existencia de bens suficientes titularidade del, acordo:

Practicar os trámites de indagación de bens, conforme as normas sinaladas no artigo 248 da LPL.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos e localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentes non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación a Tabuata Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

A secretaria xudicial