Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (31/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 31/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Cartagena Cavina contra Bernardo Lozano Herbas, Exclusivas Abber, S.C. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse o seguinte auto de aclaración de sentenza de data 21.4.2017 cuxa parte dispositiva di:

«Que de rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado 6.3.2017 e igualmente o auto posterior de 14.3.2017 e así onde di Bernardo González Hervas, ou Bernardo Lozado Hervas, debe dicir Bernardo Lozano Herbas manténdose integramente nos restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún distino do recurso de suplicación que no seu caso se formule contra a sentenza, cuxo prazo de anuncio computará desde a notificacion da presente resolución.

Así por este auto, mándao e asina a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bernardo Lozano Herbas e Exclusivas Abber, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza