Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1196/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 e sustitución do Social 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1196/2014 por instancia de Xabier Sáenz García contra as empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 4.7.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Xabier Sáenz García fronte ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Albealia Restauración Coruña 2, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a aboar a Xabier Sáenz García a cantidade de catro mil noventa e catro euros con setenta e dous céntimos de euro (4.094,72 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

– Absólvese a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Albealia Restauración Coruña 2, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de xullo de 2017

O secretario xudicial