Cédula de notificación. No procedemento de referencia ditouse auto o 26.4.2017 cuxo feito primeiro e parte dispositiva son do teor seguinte:
Auto número 114/17.
Xuíza: Estefanía Elena Peña Quintas.
En Chantada o vinte e seis de abril de dous mil dezasete.
Feitos. Primeiro. O procurador de Juan Carlos Fernández Rodríguez, actuando en representación de María Clementina Villamayor Fernández, presentou escrito solicitando o recoñecemento e execución de sentenza estranxeira ditada polo Xulgado Quinto de Primeira Instancia de Familia e Menores da Circunscrición Xudicial da Área Metropolitana de Caracas, do 2 de xullo de 1996, sobre divorcio do matrimonio entre María Clementina Villamayor Fernández e Francisco Carnero Villar.
Parte dispositiva. Acórdase o recoñecemento en España da Sentenza ditada o 2 de xullo de 1996 polo Xulgado Quinto de Primeira Instancia e Menores da Circunscrición Xudicial da Área Metropolitana de Caracas pola que se acorda o divorcio de María Clementina Villamayor Fernández e Francisco Carnero Villar, con todos os efectos inherentes á devandita declaración.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se presentará ante este xulgado no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Carnero Villar, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.
Chantada, 9 de xuño de 2017