Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4418/2017 interposto por Unións Agrarias (UPA).

A Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, recibiu oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante o que, unha vez admitido a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 4418/2017 interposto por Unións Agrarias (UPA) contra a Resolución da Xunta Electoral das eleccións para a renovación de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, pola que se convoca ao acto de votación os electores da mesa electoral de Meaño 1, do censo A2, subzona do Salnés e Ribeira do Ulla, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento aos posibles interesados.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 días (nove), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias