Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Sentenza:
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017
Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 170/2015, sendo parte nel, como demandantes, Juan Manuel Rodríguez Lamas, asistido pola letrada Sra. Muíño Pose, e, como demandados, Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío e María del Carmen Guillín Rey, que non comparecen, malia súa citación en legal forma, o mesmo que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes
Decido:
Estímase a demanda interposta por Juan Manuel Rodríguez Lamas fronte a Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío y María del Carmen Guillín Rey e, en consecuencia, condénanse solidariamente os demandados a aboarlle ao demandante a cantidade de 834,79 euros, máis o xuro do 10 %. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.
Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».
Para que sirva de notificación en legal forma a Marcial García, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017
A letrada da Administración de xustiza