Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36758

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública en relación co proxecto de expropiacion forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido Sur-Tui (Pontevedra).

O alcalde-presidente do Concello de Tui fai saber que por Resolución desta Alcaldía do 30.6.2017, en relación co: «Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido Sur-Tui (Pontevedra)»; dispúxose:

«(…)

Primeiro. Proceder a aprobar de maneira inicial o: “Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do Proxecto de apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido Sur-Tui (Pontevedra)”, mediante procedemento de taxación conxunta. Proxecto redactado pola empresa redactora Topogray, Topografía y Servicios, S.L. e conformado polos seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación das persoas titulares.

b) Fixación de prezos, coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

Segundo. Seguir o procedemento expropiatorio de taxación conxunta en canto a determinación do prezo xusto dos predios e demais dereitos afectados.

Terceiro. Someter o presente acordo ao trámite de información pública por prazo dun mes, para os efectos de poder ser examinado e presentar alegacións, para o cal deberá publicarse o anuncio no DOG en un dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido polo artigo 118.3 da Lei 2/2016 e concordantes.

Cuarto. Notificar individualmente as persoas que aparezan como titulares dos bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración co fin de que poidan formular as alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación do presente acordo.

Quinto. Notificar o Rexistro da Propiedade, para os efectos de anotación expresiva do inicio do expediente “Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do Proxecto de apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido Sur-Tui (Pontevedra)”, nos termos, duración e efectos previstos na lexislación hipotecaria (artigo 143/16 e artigo 293 do Decreto 143/2016)».

A dita resolución foi obxecto de resolución complementaria mediante a ditada por esta Alcaldía en data 5.7.2017, a cal na parte que interesa indica:

«(…) Primeiro. Complementar e rectificar o acordo de aprobación inicial (Resolución da Alcaldía nº 2017-0815, do 30.6.2017) do “Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de apertura da prolongación da rúa Ourense no sentido Sur-Tui”, no sentido de incluír no documento a que se prestou aprobación inicial mediante Resolución da Alcaldía nº 2017-0815 do 30.6.2017, a corrección reflectida no considerando terceiro desta resolución, resultando que o documento que se aproba inicialmente é o proxecto con rexistro de entrada 2017-E-RC-6068, do 28 de xuño de 2017, en que se integra (substituíndo o documento correlativo) a páxina 6 de 21 achegada mediante rexistro de entrada 2017-E-RE-30, do 4.7.2017».

O dito expediente poderá ser examinado no departamento de Urbanismo do Concello de Tui, para os efectos de consulta deste, de conformidade co trámite de información pública.

Tui, 6 de xullo de 2017

Enrique Cabaleiro González
Alcalde