Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-11/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-11/2017.

2. Obxecto do contrato: subministración dun vehículo furgón para o equipo de Atestados de Tráfico da Policía Local.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 65.719,28 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: Praza de María Pita, 1, 2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado ou festivo, o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xullo de 2017

(Decreto de delegación do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social