Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Granja Campomayor, S.L., para unha explotación avícola con capacidade para 252.000 galiñas poñedoras, con planta de clasificado e envasado de ovos e planta de ovoproduto, situada no lugar de Ximonde, concello de Palas de Rei.

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Granja Campomayor, S.L.

Proxecto básico de solicitude de modificación de autorización ambiental integrada.

– Proxecto de instalación de estación depuradora de augas residuais para planta de ovoproduto.

Promotor: Granja Campomayor, S.L.

Situación: Ximonde, estrada nacional, 547, km 27, Vilar de Donas, Palas de Rei, Lugo.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A citada documentación estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no seguinte enlace: (http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Número de rexistro da autorización ambiental integrada: 2010-IPPC-1021-254.

Clave do expediente de modificación substancial: 2017-IPPC-M-16.

Peticionario: Granja Campomayor, S.L.

Enderezo social: lugar de Ximonde, estrada nacional 547, km 27, s/n, Vilar de Donas, 27217 Palas de Rei (Lugo).

Localización da instalación: lugar Ximonde, estrada nacional 547, km 27, s/n, Vilar de Donas, 27217 Palas de Rei (Lugo).

Actividade: explotación avícola con capacidade para 252.000 galiñas poñedoras con planta de clasificado e envasado de ovos e planta de ovoproduto.

Descrición da modificación: instalarase unha estación depuradora de augas residuais para o tratamento das augas xeradas na planta de ovoproduto, na cociña da planta de ovoproduto, no arco de desinfección de vehículos e na zona de limpeza e lavado de camións (separador de hidrocarburos); con condución das augas depuradas á canle pública.

Ademais, instalarase unha caldeira de vapor para a planta de fabricación de ovoproduto, cun volume total de 680 litros e unha potencia térmica de 231 kW. Tamén se instalará un depósito para o almacenamento de gasóleo de polietileno, con capacidade para 2.000 litros, aéreo e de dobre parede.

Verteduras: as augas procedentes dos aseos das oficinas e dos vestiarios, do almacén de clasificado e envasado de ovo e do frontal das naves de posta son enviadas a un contactor biolóxico rotativo (CBR).

As augas procedentes do lavado das naves son conducidas a un depósito estanco, denominado depósito nº 1, para posteriormente ser entregadas a un xestor autorizado.

As augas procedentes da planta de ovoproduto, da cociña da planta de ovoproduto, do separador de hidrocarburos (lavado de camións), e do arco de desinfección de vehículos, son conducidas a un depósito estanco, denominado depósito nº 2. Estas augas son entregadas a un xestor autorizado ata que se instale a estación depuradora de augas residuais pretendida, momento no cal serán depuradas e conducidas á canle pública.

Realízase vertedura por escorremento de augas pluviais.