Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada, procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación ordinaria que ten por obxecto a adquisición dunha bomba de achique portátil de alta capacidade para actuacións de apoio loxístico en emerxencias mobilizada e coordinada desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder 2014-2020 (OT: 05, PI: 05.02, OE: 05.02.01.02, actuación 05.02.01.03).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=183334

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web: http://www.axega112.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 21 de agosto xullo de 2017 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.101.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración dunha (1) bomba de achique portátil de alta capacidade, que permita bombear ou mover grandes volumes de auga en casos de inundacións graves ou en caso de extinción de incendios de gran magnitude, como apoio loxístico á intervención dos distintos servizos de emerxencia, seguridade e de protección civil, mobilizada e coordinada desde o CIAE 112.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 3 meses desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPV: 42122000-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 268.595,05 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 325.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: definitiva, 5 por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica y financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 21 de agosto de 2017.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora da súa celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11.7.2017.

12. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público; comunicarase a data e hora coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias