Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0771/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0771/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-771/2016-PPM

Francisco Javier Alonso Silva

53480374S

Resolución

Vilariño, 65, Cespón, Boiro

PSC-CO-772/2016-PPM

Severo Boullón Ronquete

53481800S

Resolución

Corredoira Luis Cadarso, 68-4º, Noia

PSC-RI-046/2015-TRA

Agustín Cadillo Pérez

52930007S

Resolución

Correos, 22-3º A, Ribeira

PSC-RI-106/2015-PPM

Jorge Pereira Martínez

53481380D

Resolución

R/ Andrés Torres Queiruga, 23, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-159/2015-PPM

Francisco Antonio Ouviña Pérez

52459917E

Resolución

Avda. da Coruña, 77, Ribeira