Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, declaración de impacto ambiental e autorización do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2017/046-1).

Expediente: IN407A 2017/046-1.

Solicitante: Renovables Aragón, S.L.U.

Denominación: liña eléctrica subterránea de media tensión 20 kV.

Concellos: Cabana de Bergantiños e Zas.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV, de 1.830 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×1×400 mm2 Al, con orixe no centro de interconexión do parque eólico Mouriños proxectado (IN661A 2011/010-1) e final no entroncamento coa liña de evacuación aérea de 20 kV proxectada para o parque eólico Pena Forcada-Catasol II (IN661A 2010/003-1).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

-Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2017/046-1.

Solicitante: Renovables Aragón, S.L.U.

Denominación: liña eléctrica subterránea de media tensión 20 kV.

Concellos: Cabana de Bergantiños e Zas.

– Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

– Concello de Zas:

Parcela número: 1.

Lugar: Coto do Allo.

Cultivo: monte alto. Pasto.

Propietaria: Carmen Insua Muñiz.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 471, metros cadrados 1.437.

Parcela número: 2.

Lugar: Cova.

Cultivo: piñeiral.

Propietarios: herdeiros de José García Pazos.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 124, metros cadrados 371.

Parcela número: 3.

Lugar: Pedra Ancha.

Cultivo: piñeiral.

Propietaria: Ramona Bouzas Ferreiro.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 182, metros cadrados 545.

Parcela número: 4.

Lugar: Pedra ancha.

Cultivo: piñeiral.

Propietario: Alfonso Pazos Leis.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 47, metros cadrados 140.

Parcela número: 5.

Lugar: Pedra Ancha.

Cultivo: piñeiral.

Propietaria: Carmen García Pazos.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 24, metros cadrados 72.

Parcela número: 6.

Lugar: Pedra Ancha.

Cultivo: piñeiral.

Propietarios: herdeiros de María Vidal Durán.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 137, metros cadrados 411.

Parcela número: 8.

Lugar: Xunqueira.

Cultivo: eucaliptal.

Propietario: Manuel Rey Bértoa.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 541, metros cadrados 2019.

Parcela número: 12.

Lugar: Xunqueira.

Cultivo: eucaliptal.

Propietario: Jaime Nantón Moreira.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 102, metros cadrados 306.

Parcela número: 13.

Lugar: Pedra Ancha.

Cultivo: piñeiral.

Propietaria: Aurora Fernández Lema.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 47, metros cadrados 140.

Parcela número: 14.

Lugar: Canaveira.

Cultivo: eucaliptal.

Propietarios: herdeiros de María Vidal Durán.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 4, metros cadrados 13.

Parcela número: 15.

Lugar: Xunqueira.

Cultivo: Prado.

Propietaria: María Consuelo Ferreiro Fernández.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 131, metros cadrados 435.

– Concello de Cabana de Bergantiños:

Parcela número: 57.

Lugar: Canaveira.

Cultivo: piñeiral.

Propietaria: Filomena Senande Romero.

Afeccións: gabia, servidume de paso subterránea, metros lineais 15, metros cadrados 44.