Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de implantación e posta en funcionamento do proxecto Primare-Lonxas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP, expediente 2017/PA/0054).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0054.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de implantación e posta en funcionamento do Proxecto Primare-Lonxas, consistente na coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos incluídos no «Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e sustentabilidade do Proxecto de Modernización Tecnolóxica das Lonxas».

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 26 meses contados a partir do 1.10.2017. Se a formalización do contrato é posterior a esta data, o prazo de execución reducirase na súa duración e rematará non máis tarde do 30.11.2019, sen menoscabo nin redución dos servizos prestados nin das horas de traballo asociadas.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 181.818,17 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 181.818,17 €, máis 38.181,81 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 219.999,98 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 33.057,85 € + IVE (6.942,15 € ) = 40.000,00 €.

• 2018: 74.380,16 € + IVE (15.619,83 € ) = 89.999,99 €.

• 2019: 74.380,16 € + IVE (15.619,83 € ) = 89.999,99 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=187162.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 6.9.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia