Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de xuño de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por José Carlos Pazó Míguez de concesión administrativa de ocupación dun local con destino a taller de reparación de motores mariños no porto de Cesantes (expediente 13-25-17-C1).

José Carlos Pazó Míguez, solicita a concesión administrativa para a ocupación dun local propiedade de Portos de Galicia con destino a taller de reparación de motores mariños no porto de Cesantes, segundo o proxecto titulado «Adecuación de local para reparación e posta a punto de motores náuticos» redactado polo enxeñeiro técnico industrial Daniel Boquete Lavadores en xullo de 2015.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 19 de xuño de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur