Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

EDICTO de información pública do proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de Mougán.

De conformidade co establecido no artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Mougán, na parroquia de Mougán, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto nos xornais El Progreso, La voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas e formular por escrito alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Guntín, 6 de xullo de 2017

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde