1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 21.8.2017.
d) Número de expediente: AI-SER1-17-017.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de atención baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información dos hospitais do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/7.
d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
– Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
Detalle do plan de prestación do servizo |
0-40 |
Metodoloxía de traballo que se vai utilizar |
0-10 |
– Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Oferta económica |
0-40 |
Valores e horario de prestación de servizo |
0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 3.756.614,40 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.552.320 euros. Importe total: 1.878.307,20 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):
Lote 1: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 2: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 3: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 4: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 5: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 6: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
Lote 7: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B/2 ou superior.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 21.8.2017.
Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10.7.2017.
12. Outras informacións:
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos