Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Esgos (expediente IN407A 2017/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: O Teso, S.C.

Enderezo social: Penedos (Esgos).

Denominación: modificación LMT e CT para granxa.

Situación: Esgos.

Descricións técnicas:

Modificado da LMT, LA-56, con cambio de apoio para aumento de potencia do CT intemperie Alto do Couso-granxa (32A863) de 50 a 100 kVA 716 e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 21.832,33 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de xullo de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense