Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de xullo de 2017 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Burela (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificaselle a Joaquín Carvalho Gaspar e a Raquel Figueiro Iglesias, Resolución do presidente de Portos de Galicia do 7 de xullo de 2017, que declara a caducidade da concesión administrativa otorgada ás personas que se citan, con destino a almacén para depósito de víveres y subministracións a flota pesqueira, e explotación de bar restaurante no porto de Burela, por no ser posible la notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese previa emisión de proposta polo instrutor, pola concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición 45ª do título, alíneas b) e c).

A caducidade determina a extinción anticipada do título, a reversión da superficie ocupada e das instalacións ao dominio público portuario, o que se efectuará nun prazo máximo de tres meses contados desde a publicación desta cédula, e a incautación da totalidade das garantías que se constituisen para responder da explotación ou construción da concesión.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia